Sen vis a vis outra vez! Campanha de chamadas

A pandemia non pode ser excusa para negarnos unha é outra vez o dereito das persoas presas ao contacto con nós, familiares e amigos que estamos fóra, recollido no Art. 25 da constitución española e no Art.45 do Regulamento penitenciario. Máis unha vez e sen notificación oficial na que se refira a lei ou real decreto que ampara estas decisións, a prisión da Lama, presidida por Teresa Delgado, volve prohibirnos abrazar a nosa xente presa (até no Nadal, datas sinaladas e ademais para moitas vacacións escolares e laborais co que é máis doado organizarse para axustarse aos horarios das visitas no cárcere, polo regular axustados á comodidade do funcionariado de prisións e non á facilitación da conciliación familiar e laboral de calquera familiar dun preso, véxanse os horarios de calquera prisión galega)despois de case dous anos de respostas ambiguas e difusas que eluden responsabilidades e perpetúan unha tortura encuberta ao abeiro dun contexto socio-sanitario que unha vez mais esquece a quen está no cárcere. Desde a coordinadora Abaixo os muros queremos denunciar publicamente unha vez mais esta gravísima vulneración de dereitos e aproveitar os medios que teñan a ben difundir esta nota para que se responda publicamente por estes feitos:

  1. Por que as pcr non serven para entrar a ver un familiar?
  2. Por que ainda levando familiares de persoas presas test de antíxenos con resultado negativo avalados pola Xunta e compulsados nunha farmacia de calquera vila galega se condena ao preso visitado a estar illado 5 ou 10 dias nunha cela de 3×2 cunha soa saida ao dia de 8 minutos? 3. Cal é a ordenanza ou regulamento ou documento oficial de Sanidade Penitenciaria onde se recollen os motivos dunha nova suspensión de vis a vis? Quen o asina?
  3. Cal é a lei ou o real decreto ao que se acollen para tomar esta decisión?

Abaixo os muros chama por toda a xente, organizada en colectivos, asociacións veciñais etc. para xuntarse e denunciar estes atropelos continuados. Por iso, inciaremos nos vindeiros días varias accións de protesto e denuncia. A primeira unha campaña de chamadas ao centro penitenciario da Lama o día 31 para pedir explicacións. Sabemos que o camiño é lento, pero non imos calar, continuaremos defendendo os dereitos das persoas presas que son os nosos dereitos.

 

C.P. A LAMA (986758000 / 986758019)

31 de decembro, de 9h a 13h ou 14h a 19h