ACCIÓNS CONXUNTAS DO 20 DE FEBREIRO

En Pontevedra un pequeno pero determinado grupo de solidaries xuntámonos na Praza da Peregrina o sábado 20 para solidarizar coas persoas presas e axitar contra os abusos extra que a xestión nefasta e totalitaria desta pandemia por parte das institucións penitenciarias está a supoñer para todas elas. Tamén en Ourense máis dunha ducia de solidarias reuníronse na rúa do Paseo co mesmo berro.

Despregáronse faixas e distribuíronse panfletos informativos. Dada a choiva e o mal tempo non foi posible realizar parte das accións que tiñamos previstas (debuxando a contorna dunha cela de illamento sobre o chan para concienciar sobre estes elementos de tortura) pero iso non impediu que varias persoas se achegasen preguntando.

Permanecede atentes a futuras convocatorias e mobilizacións.
Abaixo os muros!