Quen somos?

“A vulnerabilidade é, se cadra, o único que compartimos todos os seres humanos” Miguel García, preso independentista galego

Abaixo os muros nace da forza da vulnerabilidade. Do poder que a vulnerabilidade ten para tecer na rede da irmandade e do apoio mutuo. Nace coa firmeza de que até que caian os muros de todas as prisións (as físicas e as simbólicas) ninguén ficará libre. Ou ante a dúbida, coa necesidade de colocar sobre a mesa o debate à volta de como xestionar o mal, Rendueles nesta entrevista recente do Galiza Livre, pode aportar un bo comezo para a discusión.

Abaixo os muros é un Atlántico onde conflúen moitas augas, de mananciais, de regueiros, de ríos caudalosos do monte e da costa. Auga que percorre a Galiza enteira chamando pola liberdade. Abaixo os muros somos familias e amizades de xente presa, amigas de independentistas, anarquistas, e xente sen -istas oficiais que este sistema podre e carroñeiro pechou nos cárceres da infamia.

A vontade deste confluir é compartir os recursos, os coñecementos, e as necesidades que teñamos para poder exercer os nosos dereitos. E agora, neste contexto, no que a saúde é un pretexto para asoballar gratuitamente, ainda mais.

Ningúen é imprescindible, mais todas somos necesárias. Asi que se che proe, vén rascar con nós.

Podes contatarnos aquí: abaixoosmuros@riseup.net

SAUDE, TERRA E LIBERDADE

coordenacion antirrepresiva / gz